Servizos profesionais de tradución

DE | EN | ES | GL | PT
divider

Aviso legal

separator

1) Identificación

Este sitio web (www.ecotrad.com) é propiedade de ECO TRADUCTORES SLNE, con domicilio para estes efectos na rúa da Costa Grande 4 – 3º, 15895 O Milladoiro (Ames), CIF: B15943285, inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela no tomo 176, folio 84, folla SC-33.582, inscrición 4ª, con correo electrónico de contacto: info@ecotrad.com (en diante, o «Titular» ou «ECO TRADUCTORES»).

2) Propiedade intelectual

Os contidos desta web, incluídos, entre outros, imaxes, logotipos, gráficos, animacións, textos ou aplicacións informáticas, calquera que sexa o seu formato, linguaxe de programación e forma de representación, así como o nome de dominio ecotrad.com son propiedade do Titular, ou ben este adquiriu os correspondentes dereitos dos seus propietarios, e están protexidos polas leis e tratados internacionais en materia de propiedade intelectual e, se for o caso, industrial, así como pola normativa reguladora dos nomes de dominio. Este sitio web funciona sobre o software de WordPress, baixo licenza GPLv2 ou posterior, cun tema adaptado por fervello.net. Permítese a utilización ou reprodución, total ou parcial, sen ánimo de lucro, dos seus contidos sempre que se faga constar a fonte e se inclúa unha ligazón a esta web, e nos casos permitidos nos artigos 31 a 34 da Lei da propiedade intelectual (Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril). Queda prohibido o uso de marcos (frames) ou calquera outro mecanismo destinado a ocultar a orixe ou fonte dos contidos, calquera uso, transformación ou explotación destes con finalidades comerciais, promocionais ou contrarias á lei, moral ou orde pública, que puidera lesionar os intereses ou prexudicar a imaxe do Titular ou de terceiros lexítimos, que constitúan competencia desleal ou, en xeral, en contra do disposto neste aviso legal.

3) Protección de datos de carácter persoal

O tratamento dos datos persoais comunicados a ECO TRADUCTORES por correo electrónico ou calquera outro medio réxese polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?

     Identidade: Eco Traductores SLNE, CIF: B15943285

     Enderezo: Rúa da Costa Grande 4 – 3º, 15895 O Milladoiro (Ames, A Coruña)

     Contacto: info@ecotrad.com

Con que finalidade tratamos os seus datos?

A finalidade é a xestión de solicitudes e a prestación dos servizos ofrecidos por ECO TRADUCTORES.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base de lexitimación do tratamento de datos persoais será a que resulte do interese lexítimo de ECO TRADUCTORES para atender os requirimentos de información, o consentimento ou a relación contractual ou precontractual.

A que destinatarios se comunican os seus datos?

Con carácter xeral, ECO TRADUCTORES non cede datos a terceiros, agás obriga legal. Baixo determinadas circunstancias, os datos poderán ser compartidos con prestadores de servizos que deban ter acceso a estes datos en virtude dos servizos que prestan a ECO TRADUCTORES.

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, así como retirar o consentimento prestado, enviando a súa solicitude acompañada dunha fotocopia do seu DNI ou documento equivalente por correo electrónico a info@ecotrad.com ou por correo postal a ECO TRADUCTORES, na rúa da Costa Grande 4 – 3º, 15895 O Milladoiro (Ames).

Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, ten dereito a reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Que medidas de seguridade adoptamos?

ECO TRADUCTORES adoptou os niveis de seguridade esixidos á natureza dos datos tratados instalando as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a súa perda, alteración, uso inadecuado ou accesos non autorizados a estes.

Información adicional

Para consultar a información adicional e detallada da nosa política de privacidade e protección de datos, póñase en contacto connosco (info@ecotrad.com).

4) Navegación

Ao navegar por estas páxinas, de forma automática vostede facilita ao servidor da web información relativa ao seu enderezo IP (identificador único para a transmisión de paquetes entre ordenadores conectados a Internet), data e hora de acceso, a ligazón que o reenviou a estas, o seu sistema operativo e o navegador empregado. Sen prexuízo de que a Axencia Española de Protección de Datos considera a IP como dato de carácter persoal, o Titular non pode obter por si só, nin ten intención de facelo a menos que se lle cause algún prexuízo, información algunha respecto do titular da conexión a Internet á que corresponde. Estes datos serán gardados e utilizados unicamente para o control e realización de estatísticas de acceso e visitas á web, e en ningún caso serán comunicados ou cedidos a terceiros.