Servizos profesionais de tradución

DE | EN | ES | GL | PT
divider

Equipo


ECO Traductores conta cun amplo equipo experimentado de profesionais nativos que traducen exclusivamente á súa lingua materna e no seu campo de especialización: automoción, económico-financeiro, tecnoloxías da información, industria, xurídico, médico-farmacéutico etc.

Rocío Ignacio Rial, propietaria e tradutora de alemán, é a responsable de coordinar os proxectos. Naceu en Rianxo (A Coruña) e criouse en Zürich, Suíza. Fala con fluidez castelán, galego, alemán, francés e portugués.

É licenciada en Tradución e Interpretación (alemán e francés) pola Universidade de Salamanca. Está habilitada como tradutora-intérprete xurada de alemán polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación. Posúe o máster en Dirección e Xestión do Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela.

Iniciou a súa carreira profesional como tradutora e xestora de proxectos nunha empresa de Zürich, Suíza. Tras una estancia profesional no Brasil, fundou no ano 2004 a súa propia compañía, Eureco Galicia Traductores, actualmente ECO Traductores.

rocio

Rocío Ignacio Rial

Tradutora-intérprete xurada de alemán

separator